Estudar prodúcevos dor de cabeza?
Pensade nos que non teñen as vosas oportunidades.
3/12/08
1/12/08
28/11/08
Glosario
- Dracaena: Xénero dunhas 40 especies de árbores e arbustos (o bambú da sorte é unha dracaena).
- Burgomaestre: Alcalde ou primer mandatario municipal en algunas ciudades de Alemania, Suiza y Países Bajos.
- Fumarola: Conjunto de gases y vapores que salen al exterior a través de grietas formadas en los terrenos volcánicos.
- Marmelo: Froito comestible do marmeleiro, de cor amarela, de forma semellante a unha pera, aínda que máis arredondada e irregular.
- Mandioca: Planta tropical americana de raíces tuberosas que contienen una fécula, la tapioca, utilizada para la alimentación.
Etiquetas:
Glosario
25/11/08
Día Internacional contra a violencia de xénero
Escalofrío, impotencia, angustia, dolor, ...
Etiquetas:
violencia xénero
19/11/08
Como pode ser?
É incrible pero certo. Raro é o mes no que non se descubre unha rede de malnacidos creadores e consumidores de pornografía infantil. De todos os estratos sociais, de todas as idades, de todas as profesións e ata dos dous sexos. Xente sen conciencia nin moral que é capaz, en algúns casos, de violar a inociencia dun pequeno (incluso ás veces familiar) para obter unhas imaxes coas que disfrutar uns poucos depravados.Cárcere e psiquiátrico para todos eles!
18/11/08
Glosario
Empezamos unha actividade de clase na que vamos realizando un glosario cos termos ou conceptos que aparecen nas nosas lecturas e que miramos no diccionario xa que dubidamos o seu significado. Poden ser en calquera idioma e se teñen máis dun significado, só poñemos o que ten sentido na nosa lectura.
- ARAUCARIA: Nombre común de de diversos árboles coníferos que alcanzan hasta 50 m de altura.
- HETEROSEXUAL: Se aplica a la atracción y a la relación sexual entre individuos de distinto sexo, y tambien a estos mismos individuos.
- AUREOLA: Ambiente, halo, atmósfera.
- LIBIDO: En psicologia, término que designa el deseo sexual y, en general, la tendencia al placer y sus distintas manifestaciones.
- ACRÓNIMO: Voz formada por las siglas de varios términos que se pronuncian como una palabra.
Etiquetas:
Glosario
6/11/08
Little Boxes. A CONFORMIDADE
Estivemos vendo un vídeo sobre a rutina diaria e a conformidade. Gustounos e querémolo colgar no noso blog.
Se queredes saber máis sobre esta canción, entrade aquí.

13/10/08
Día Internacional para a erradicación da pobreza
O vindeiro 17 de outubro celébrase o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.
No Cumio do Milenio os estados membros das Nacións Unidas comprometéronse, entre outras cousas, a reducir á metade, con data tope o ano 2015, a porcentaxe de persoas que viven na indixencia. Non parece que vaiamos por bo camiño. Actualmente cada 3 segundos morre un neno. No tempo que leva ver o seguinte vídeo morrerán 20 nenos.
Actúa contra a Pobreza...

10/10/08
Video sobre a mitose
Este vídeo explicaravos mediante subtítulos o proceso da mitose na célula.
Que aprendades moito con el.
Que aprendades moito con el.
9/10/08
Que opinades?
Hoxe lin no diario "El Pais" o seguinte artigo (traducino ao galego, se queres podes ler o orixinal)
A metade dos docentes de educación obrigatoria estima que os seus alumnos saben menos e se comportan peor que os de xeracións anteriores. Así o opinan 42 de cada 100 mestres de infantil (nenos de tres a seis anos), 47 de primaria (de 6 a 12 anos) e 62 en secundaria (12 a 16 anos). Os datos extráense de A situación dos profesores noveis 2008, unha enquisa a 1.600 profesionais promovida pola Fundación SM e a Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI).
Para unha cuarta parte dos docentes os estudantes non son mellores nin peores que os precedentes e a minoría optimista resalta que teñen máis coñecementos (un 4,4%), son máis felices (7,3%) e teñen un maior sentido da xustiza (2,2%). "Non é doado adaptarse ás necesidades dunha sociedade con cambios rápidos. É distinta a relación coa autoridade, o xeito de informarse ou de convivir. Hai que resolver problemas de integración, de educación sexual,...", explica Álvaro Marchesi, secretario xeral da OIE. Pero, na súa opinión, os nenos son mellores en "capacidade para buscar información, en novas tecnoloxías, idiomas, espontaneidade, traballo en equipo "... ".
"Os profesores teñen que entender que xa non teñen as chaves do saber. Que o neno se pode informar en moitas partes e el ten que gañar a autoridade", sostén Pedro Rascón, presidente a Confederación Española de Asociacións de Padre de Alumnos (CEAPA). Rascón reclama unha maior formación pedagóxica dos docentes de secundaria e dos pais, que ás veces non saben como actuar e son vistos como "intrusos" nos colexios.
Estes profesionais están contentos na súa relación cos seus compañeiros, a dirección do centro e os rapaces. E, non obstante, o distanciamento coas familias é evidente. O 78% recorda un bo entendemento cos pais durante os seus primeiros catro anos de oficio. Hoxe, non obstante, só puntúa en positivo un 66,7% dos novatos. "Cando chamas á casa dun rapaz problemático os seus pais ou están a traballar ou dinche que xa non poden facer nada con eles. E a maioría cre que aos seus fillos se lles ten manía. A xente deriva os problemas ao profesor, cando eu estou tres horas á semana co seu fillo e eles deberían establecer as normas", laméntase Ana, profesora de secundaria en Cidade Real.
Os veteranos valoran dos mozos a súa formación, entrega e entusiasmo e atopan un pero: a súa falta de autoridade nas aulas. Ana recoñéceo a medias: "É verdade que se mellora cos anos, pero tamén depende da personalidade de cada un, ou de que te vexan guay. Por exemplo, polo teu xeito de vestir".
Que opinades??

26/9/08
Benvidos e benvidas
Esta é a bitácora do grupo do Programa de Diversificación Curricular de 3º de ESO do CPI Monte Caxado. Nela publicaremos artigos e curiosidades de temas diversos, pero centrados, sobre todo, no Ámbito Científico e Lingüístico.
Leidy, Tamara, Ali, Amady, Emilio e Gabriel acompañados polo profesorado, esperamos pasalo ben aprendendo.
Atent@s! ;-)

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)