O vindeiro 17 de outubro celébrase o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.
No Cumio do Milenio os estados membros das Nacións Unidas comprometéronse, entre outras cousas, a reducir á metade, con data tope o ano 2015, a porcentaxe de persoas que viven na indixencia. Non parece que vaiamos por bo camiño. Actualmente cada 3 segundos morre un neno. No tempo que leva ver o seguinte vídeo morrerán 20 nenos.
Actúa contra a Pobreza...
13/10/08
10/10/08
Video sobre a mitose
Este vídeo explicaravos mediante subtítulos o proceso da mitose na célula.
Que aprendades moito con el.
Que aprendades moito con el.
9/10/08
Que opinades?
Hoxe lin no diario "El Pais" o seguinte artigo (traducino ao galego, se queres podes ler o orixinal)
A metade dos docentes de educación obrigatoria estima que os seus alumnos saben menos e se comportan peor que os de xeracións anteriores. Así o opinan 42 de cada 100 mestres de infantil (nenos de tres a seis anos), 47 de primaria (de 6 a 12 anos) e 62 en secundaria (12 a 16 anos). Os datos extráense de A situación dos profesores noveis 2008, unha enquisa a 1.600 profesionais promovida pola Fundación SM e a Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI).
Para unha cuarta parte dos docentes os estudantes non son mellores nin peores que os precedentes e a minoría optimista resalta que teñen máis coñecementos (un 4,4%), son máis felices (7,3%) e teñen un maior sentido da xustiza (2,2%). "Non é doado adaptarse ás necesidades dunha sociedade con cambios rápidos. É distinta a relación coa autoridade, o xeito de informarse ou de convivir. Hai que resolver problemas de integración, de educación sexual,...", explica Álvaro Marchesi, secretario xeral da OIE. Pero, na súa opinión, os nenos son mellores en "capacidade para buscar información, en novas tecnoloxías, idiomas, espontaneidade, traballo en equipo "... ".
"Os profesores teñen que entender que xa non teñen as chaves do saber. Que o neno se pode informar en moitas partes e el ten que gañar a autoridade", sostén Pedro Rascón, presidente a Confederación Española de Asociacións de Padre de Alumnos (CEAPA). Rascón reclama unha maior formación pedagóxica dos docentes de secundaria e dos pais, que ás veces non saben como actuar e son vistos como "intrusos" nos colexios.
Estes profesionais están contentos na súa relación cos seus compañeiros, a dirección do centro e os rapaces. E, non obstante, o distanciamento coas familias é evidente. O 78% recorda un bo entendemento cos pais durante os seus primeiros catro anos de oficio. Hoxe, non obstante, só puntúa en positivo un 66,7% dos novatos. "Cando chamas á casa dun rapaz problemático os seus pais ou están a traballar ou dinche que xa non poden facer nada con eles. E a maioría cre que aos seus fillos se lles ten manía. A xente deriva os problemas ao profesor, cando eu estou tres horas á semana co seu fillo e eles deberían establecer as normas", laméntase Ana, profesora de secundaria en Cidade Real.
Os veteranos valoran dos mozos a súa formación, entrega e entusiasmo e atopan un pero: a súa falta de autoridade nas aulas. Ana recoñéceo a medias: "É verdade que se mellora cos anos, pero tamén depende da personalidade de cada un, ou de que te vexan guay. Por exemplo, polo teu xeito de vestir".
Que opinades??

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)