O próximo día 5 de xuño temos unha cita co planeta. É o día mundial do medio ambiente e estrénase en todo o mundo a película HOME, que amosa a nosa casa, o noso planeta dende unha perspectiva aérea. Podemos admirar a beleza deste planeta que estamos a cargarnos entre todos.
A película tamén se estrena en internet.
De momento podemos ver o trailer:
31/5/09
28/5/09
Sóavos esta fórmula?
A imaxe collina dunha entrada de Gaussianos. E supoño que o alumnado de PDC a domina á perfección porque é co que estamos estes días.De todos os xeitos, ao mellor a algún que outro víñalle ben que o compa que se sentase diante a tivera tatuada como o da foto. ;-) Non?
15/5/09
17 de maio
O 17 de maio conmemórase o día das Letras Galegas e ademais o Día de Internet. Hoxe, para celebralo no grupo de PDC, fixemos a seguinte actividade: marcar (nun mapa de Google) onde naceron todos os autores e autoras galegos aos que se lle dedicou algunha vez este día. Un xeito de xuntar as Letras Galegas con Internet.
O mapa resultante, aínda que hai que revisalo e completalo, para facelo en dúas sesión de clase, non quedou nada mal.
Ver Autores das Letras Galegas nun mapa máis grande
O mapa resultante, aínda que hai que revisalo e completalo, para facelo en dúas sesión de clase, non quedou nada mal.
Ver Autores das Letras Galegas nun mapa máis grande
Etiquetas:
internet,
letras galegas,
mapa
14/5/09
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)