9/10/08

Que opinades?

Hoxe lin no diario "El Pais" o seguinte artigo (traducino ao galego, se queres podes ler o orixinal)

A metade dos docentes de educación obrigatoria estima que os seus alumnos saben menos e se comportan peor que os de xeracións anteriores. Así o opinan 42 de cada 100 mestres de infantil (nenos de tres a seis anos), 47 de primaria (de 6 a 12 anos) e 62 en secundaria (12 a 16 anos). Os datos extráense de A situación dos profesores noveis 2008, unha enquisa a 1.600 profesionais promovida pola Fundación SM e a Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI).

Para unha cuarta parte dos docentes os estudantes non son mellores nin peores que os precedentes e a minoría optimista resalta que teñen máis coñecementos (un 4,4%), son máis felices (7,3%) e teñen un maior sentido da xustiza (2,2%). "Non é doado adaptarse ás necesidades dunha sociedade con cambios rápidos. É distinta a relación coa autoridade, o xeito de informarse ou de convivir. Hai que resolver problemas de integración, de educación sexual,...", explica Álvaro Marchesi, secretario xeral da OIE. Pero, na súa opinión, os nenos son mellores en "capacidade para buscar información, en novas tecnoloxías, idiomas, espontaneidade, traballo en equipo "... ".

"Os profesores teñen que entender que xa non teñen as chaves do saber. Que o neno se pode informar en moitas partes e el ten que gañar a autoridade", sostén Pedro Rascón, presidente a Confederación Española de Asociacións de Padre de Alumnos (CEAPA). Rascón reclama unha maior formación pedagóxica dos docentes de secundaria e dos pais, que ás veces non saben como actuar e son vistos como "intrusos" nos colexios.

Estes profesionais están contentos na súa relación cos seus compañeiros, a dirección do centro e os rapaces. E, non obstante, o distanciamento coas familias é evidente. O 78% recorda un bo entendemento cos pais durante os seus primeiros catro anos de oficio. Hoxe, non obstante, só puntúa en positivo un 66,7% dos novatos. "Cando chamas á casa dun rapaz problemático os seus pais ou están a traballar ou dinche que xa non poden facer nada con eles. E a maioría cre que aos seus fillos se lles ten manía. A xente deriva os problemas ao profesor, cando eu estou tres horas á semana co seu fillo e eles deberían establecer as normas", laméntase Ana, profesora de secundaria en Cidade Real.

Os veteranos valoran dos mozos a súa formación, entrega e entusiasmo e atopan un pero: a súa falta de autoridade nas aulas. Ana recoñéceo a medias: "É verdade que se mellora cos anos, pero tamén depende da personalidade de cada un, ou de que te vexan guay. Por exemplo, polo teu xeito de vestir".

Que opinades??

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Non sei se o comportamento será mellor ou peor, xa que non coñezo o comportamento que tiveron as xeracións anteriores. O que sí é posible é que estudemos menos, xa que tamén temos máis cousas para distraernos (play station, PC, etc).

Ali dijo...

Si,pareceme que cada vez os nenos da nova xeracion son mais alocados
na hora de estudar e de coportarse
na escola.
O problema e k non se toman medidas para intebir no comportamento dos alumnos, e eso dalles unha certa libertade aora de facer o que eles keiran,e pensan k non axa naide k os contola,e eles tomano como se fose k o colexio vense pasalo ben,e non é asi a cousa tense que tomar mais medidas máis eficaces.

Amady dijo...

EU PENZO QUE OS CENTRO DE EDUCACION TEÑEN A RAZON PORUNA PARTE POR EXEMPLO EN QUE OS ALUMNOS DE HOXE EN DIAS OS ALUMNOS ESTUDAN MENOS QUE HACE UNOS CUANTO AÑOS É POROTRA NO QUE DIN QUE LOS ALUMNOS DE ANTE SON MAIS LISTO QUE OS DE AGORA.MIÑA OPINION ESQUE NON PORQUE OS ALUMNOS DE HOXE TEÑEN MAIS ESPEREZA EN EL MUNDO ATUAI EN LA TENOLOXIA.ONDE TEÑEN TODA A RAZON ES QUE OS ALUMNOS DE HOXE NON SABEN SALIR A DIANTES SIN UNHA AXUDA DE OTRAS PERSOAS O DE SEUS PAIS.

Anónimo dijo...

Eu estou de acordo por unha parte pero por outra non. Por unha parte hay os alumnos traballadores e ovedientes, unha minoria, e por outa os que se portan mal e non traballan, unha maioria que ainda asi non é tan grande por que logo hai a mezcla das dúas que é a maioritaria, catibos obedientes pero vagos ou malos pero traballadores, esos dous ultimos grupos son os que dan a pensar a esos profesores/as.

Tamara dijo...

A min a cancion pareme moi bonita porque fala da rutina que fai a xente e a letra da cancion non a coñecia pero cando a escoitei pareceume moi bonita