29/4/09

Os sentidos

Uns vídeos de exemplo para repasar e entender mellor o que estades a aprender.
Oído:


Gusto:

Tacto:

Olfacto:

Vista:

27/4/09

Gripe porcina

Estes días estase a falar moito da gripe porcina que, aparecendo inicialmente en México, parece que se pode estender polo mundo e hai alerta de que poida converterse nunha pandemia polo grao de fácil contaxio.
Neste documento de "La Voz de Galicia" se explica de xeito moi sinxelo o que acontece e dáse resposta a varias preguntas.

24/4/09

A influencia familiar nos estudos

A Fundación de Cajas de Ahorros presentou onte o estudo "Educación y familia: los padres ante la educación general de sus hijos en España". A nova que publica o xornal El País danos uns poucos datos e conclusións, sendo o titular o máis destacado: Maior interese dos pais, fillos con mellores notas (unha consideración; esperemos que maior interese dos pais implique máis e mellor aprendizaxe, alumnos con mellores competencias e, por conseguinte, mellores notas). Destaca o dato de que o 45,9% dos pais cre que o nivel de esixencia é demasiado baixo, aínda que outro 44,6% cre que é adecuado e o só o 5,5% o ve demasiado alto. Tamén valoran notablemente o empeño dos centros en inculcar hábitos de esforzo, urbanidade e sentido da responsabilidade.
O 39,7% cre que a información que se lle dá dende o centro sobre o rendemento dos fillos é insuficiente.
Aínda que a sensación dos pais fronte a si mesmos e os colexios é positiva en canto a educación, as cifras decrecen e se sitúan nun 3 sobre 5 se cualifican a calidade do ensino.
O subtítulo di: "A actitude familiar inflúe máis nos resultados que a política educativa".

Datos para reflexionar.

22/4/09

Día da TERRA


Necesita SOLUCIÓN, CAMBIO E ACCIÓN

21/4/09

Antes de publicar... pénsao



Nova de Asturias (aquí ao lado)

17/4/09

Ortografía

Nun comentario anterior pedíavos que forades coidadosos coa ortografía. Mirade o que escribiu un periodista, e a ver se vedes a metedura de pata: (preme na imaxe para agrandar)

É unha captura de pantalla dun famosísimo xornal dixital español. Corrixiron pouco despois.

Dilemas Lóxicos

Aquí deixo un enlace a unha páxina, na que aparecen dilémas para resolver con lóxica, con razoamento, e prestando atención.

13/4/09

Decepcionante

Hai situacións que decepcionan e mesmo quitan as ganas de intentar cousas co alumnado.
No grupo de PDC deste ano sodes catro alumnos e dúas alumnas (seis en total) de moi distintos niveis e intereses, evidentemente de distintas formas de ser, de difícil traballo grupal pois as relacións, en algúns casos, son complicadas.
No Ámbito Científico, durante os dous trimestres que levamos de curso, probamos distintos xeitos de traballo e de afrontar a materia: Busca da información individual, traballo grupal, empregando textos e tamén internet, elaborando vós mesmos resumos e esquemas, vendo vídeos, incitándovos a que explicárades cada un de vós o tema en cuestión aos vosos compañeiros, traballando na clase exercicios reais, traballando resolución de problemas, tentando que elaborárades un xornal, que sacárades fotos, que trouxérades información, ...
Os resultados para min, como docente, son desalentadores. Non porque saquedes peor ou mellor nota, non porque avancemos menos que máis, se non porque non fun quen de conseguir que lle collérades gusto a ningún dos métodos de traballo, a ningunha das actividades.
Con este blog tamén intentei que participárades, que comentárades, que compartírades as vosas inquedanzas, as vosas cousas de interese ou desinterese, ...
Recórdovos que para estas vacacións de Semana Santa propuxen como tarefa publicar cada un de vós un artigo, algo sobre as vacacións, algo...

NADA!
DECEPCIONANTE!!!!
Xa comentaremos as causas ou escusas para non ter realizado este complicado traballo.

3/4/09

Ruta ao monte Caxado

Todo o alumnado de 3º de ESO fomos andando ao cumio do monte que lle dá nome a este centro.
Son uns dez quilómetros de subida. Pasamos dos 365 aos 756 metros sobre o nivel do mar.

Visualizar o mapa ampliado