Hai situacións que decepcionan e mesmo quitan as ganas de intentar cousas co alumnado.
No grupo de PDC deste ano sodes catro alumnos e dúas alumnas (seis en total) de moi distintos niveis e intereses, evidentemente de distintas formas de ser, de difícil traballo grupal pois as relacións, en algúns casos, son complicadas.
No Ámbito Científico, durante os dous trimestres que levamos de curso, probamos distintos xeitos de traballo e de afrontar a materia: Busca da información individual, traballo grupal, empregando textos e tamén internet, elaborando vós mesmos resumos e esquemas, vendo vídeos, incitándovos a que explicárades cada un de vós o tema en cuestión aos vosos compañeiros, traballando na clase exercicios reais, traballando resolución de problemas, tentando que elaborárades un xornal, que sacárades fotos, que trouxérades información, ...
Os resultados para min, como docente, son desalentadores. Non porque saquedes peor ou mellor nota, non porque avancemos menos que máis, se non porque non fun quen de conseguir que lle collérades gusto a ningún dos métodos de traballo, a ningunha das actividades.
Con este blog tamén intentei que participárades, que comentárades, que compartírades as vosas inquedanzas, as vosas cousas de interese ou desinterese, ...
Recórdovos que para estas vacacións de Semana Santa propuxen como tarefa publicar cada un de vós un artigo, algo sobre as vacacións, algo...
NADA!
DECEPCIONANTE!!!!
Xa comentaremos as causas ou escusas para non ter realizado este complicado traballo.
13/4/09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Nada que decir al respecto soy un vago y lo reconozco.
Eu tamén estou de acordo, en que non o fixemos ben no que vai de curso.
Aver se nos poñemos as pilas e conseguimos mellorar neste trimestre que ven.
....::::Gabriel::::....
Bueno mi opinión sobre lo que hicimos durantes los seis meses que pasarón en este curso creo que fue de negativo total por partes de los alumnos de PDC, y creo que podiamos dar mejor rendimiento siempre y cuando pongamos de nuestra parte.
En nuestra clase reina la vagancia, desde el punto de vista de algunas personas.
Tanto me da a mi, yo procuro esforzarme, al día a día y poco a poco porque mucho y rápido empacha demasiado.
Tengo poco k decir, ya que estos dos trimestres an sido en vano para algunos pero no tanto para otros.
Espero k este trimestre no te vallas tan defeccionado como los anteriores.
Un saludo. xd
Coidemos a ortografía
Ás veces reina o desánimo entre o profesorado por situacións como a de este ano do grupo de PDC. Polo que sei e o que contades aquí mesmo, non vos entusiasma nada. Pensade que nos, os profesores, nos 'retroalimentamos' de vós: se a vosa resposta día a día é de apatía, desgana, falta de atención, de traballo, etc., nós traballamos nese panorama 'gris' e tamén acabamos sentíndonos como vós.
Tedes unha oportunidade que estades deixando escapar. Sodes pouquiños e poderiades facer multitude de cousas na vosa clase. E fixádevos, xa quedan 2 meses para rematar as clases!
Veña, que non cunda o desánimo; non seades lacazáns, implicádevos e traballade nestas poucas semanas, así disfrutaredes dunhas merecidas vacacións.
Publicar un comentario