1/6/09

CÉLULAS E RECEPTORES EXTERNOS DO SISTEMA NERVIOSO

Este é un resumo feito por min en "Google Docs"

31/5/09

Home

O próximo día 5 de xuño temos unha cita co planeta. É o día mundial do medio ambiente e estrénase en todo o mundo a película HOME, que amosa a nosa casa, o noso planeta dende unha perspectiva aérea. Podemos admirar a beleza deste planeta que estamos a cargarnos entre todos.
A película tamén se estrena en internet.
De momento podemos ver o trailer:

28/5/09

Sóavos esta fórmula?

A imaxe collina dunha entrada de Gaussianos. E supoño que o alumnado de PDC a domina á perfección porque é co que estamos estes días.
De todos os xeitos, ao mellor a algún que outro víñalle ben que o compa que se sentase diante a tivera tatuada como o da foto. ;-) Non?

15/5/09

17 de maio

O 17 de maio conmemórase o día das Letras Galegas e ademais o Día de Internet. Hoxe, para celebralo no grupo de PDC, fixemos a seguinte actividade: marcar (nun mapa de Google) onde naceron todos os autores e autoras galegos aos que se lle dedicou algunha vez este día. Un xeito de xuntar as Letras Galegas con Internet.

O mapa resultante, aínda que hai que revisalo e completalo, para facelo en dúas sesión de clase, non quedou nada mal.

Ver Autores das Letras Galegas nun mapa máis grande

14/5/09

Grazas

Polas cancións que nos deixas.
Esta versión encántame:

29/4/09

Os sentidos

Uns vídeos de exemplo para repasar e entender mellor o que estades a aprender.
Oído:


Gusto:

Tacto:

Olfacto:

Vista:

27/4/09

Gripe porcina

Estes días estase a falar moito da gripe porcina que, aparecendo inicialmente en México, parece que se pode estender polo mundo e hai alerta de que poida converterse nunha pandemia polo grao de fácil contaxio.
Neste documento de "La Voz de Galicia" se explica de xeito moi sinxelo o que acontece e dáse resposta a varias preguntas.